O que empezou sendo unha iniciativa sen maiores pretensións converteuse nunha grande atracción. Dende o ano 1995 o Departamento de Cultura e un grupo de veciños, tomaron esta empresa como unha parte ineludible das festas navideñas. Desde comezos de setembro, despois das súas horas de traballo, comeza a actividade para a montaxe do Belén dese ano. Planifícase como se van distribuír as máis de 3.000 figuras coas que conta o belén nos douscentos cincuenta m² que ocupa., que novos grupos ou figuras se poden innovar para esa edición, cales se poden mellorar. E a partir de aí comézase a traballar:  técnicos, carpinteiros, costureiras, modelistas,… cada un elaborando a súa parte para que esa nova figura “cobre vida”. Cada ano o belén é totalmente distinto ao do ano anterior. En setembro desmóntanse todo e a primeiros de decembro montase de novo con distintos decorados e novas incorporacións tanto nos episodios relixiosos como nos páganos  Ás figuras e decorados son feitos con pasta de papel, madeira, tea, vexetais e poucos aderezos mais. Os motores que se usan para dar mobilidade a estas figuras, son os usados nos coches como limpaparabrisas. O traballo e artesán cen por cen.  No belén recóllense tanto detalles da tradición belenista como da paisaxe e dos costumes propios de Galicia. Xunto as escenas clásicas do pesebre, o Misterio do Nacemento de Xesús, os Magos de Oriente ou a Matanza dos Inocentes, atopamos as tradicións propias da nosa terra: a matanza do porco, a malla do trigo, o ferreiro; e mesmo detalles da nosa pequena historia local: a fábrica do ladrillo, a procesión dos lacóns, ….  Un conxunto de arte, historia, tenrura e tradición que ano a ano foi medrando tanto en extensión como en pezas que se moven, polo que hoxe é unha obriga que temos, dado que xa non só os veciños do concello senón de toda Galicia achéganse a Valga para contemplalo