O Belén conta cunha extensión de 300 metros no que se recolle os detalles da tradición belenísta.

O Misterio de Nacemento de Xesús é o fío condutor do Belén, de xeito que se suceden as escenas máis cotiás da tradición belenista: a Visitación, a Anunciación, a Adoración dos Pastores e a ofrenda dos Reis Magos. Pero este Belén é moito máis ca iso.

Está cerca das 3.000 figuras. Nel están representadas dúas tradicionais procesións: a dos lacóns e a da Virxe dos Dores; a recreación da Batalla de Casal do Eirigo e a Festa da Xuventude,  entre outras.

Ademais podemos atopar aos nosos persoaxes máis ilustres, Xesús Ferro Couselo e á Bella Otero, xunto con Rosalía de Castro, Camilo José Cela e Castelao, así como os membros da selección “A Roja”, que observan escenas tradicionais da nosa cultura popular (a procesion da Santa Compaña, a matanza do porco, a malla do trigo, etc.)