Asociación Cultural
A Asociación Cultural “Amigos do Belén”, nace o 16 de Xaneiro de dous mil catro.Constitúese en Valga como entidade cultural, sen ánimo de lucro e como tal rexístrase na Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.O domicilio principal e permanente da Asociación está na localidade de Campaña, na Rúa Nova, s/n, CP 36645 do Concello de Valga.Os fins principais da Asociación son:
Montar na época do Nadal o Belén Artesanal, coas súas figuras en movemento.
Establecer lazos de colaboración con outras asociacións belenistas da provincia, comunidade autónoma ou doutras comunidades.
Velar e manter pola pervivenza da tradición belenista no Concello de Valga.
Velar pola formación dos seus asociados nas novas técnicas construtivas do Belén Artesanal.Para levar a cabo os seus fins, a Asociación organiza ao longo do ano distintas actividades
No ano 2005 organizamos diversos cursos de manualidades e cestería encamiñadas a mellorar as técnicas construtivas.
Organízase cada ano un encontro e visita con algunha Asociación. No 2005 a nosa visita foi a Asturias para coñecer os Beléns de Pola de Siero, Ujo, Lastres, Belén do Asilo de Oviedo e o Belén Popular Asturiano
No Ano 2004 desprazámonos a León, para visitar os Beléns de Folgoso de la Ribera, Cabañas Raras e o Belén de Cerezales del Condado.





