No día de onte, o Alcalde de Valga,  José María Bello Maneiro e o párroco de Campaña, Don Manuel Miguéz inauguraron oficialmente o Belén Artsenal en Movemento do 2011, coa asistencia do Presidente de Portos de Galicia, Don José Juan Durán, así como numerosos veciños que quixeron ser os primeiros en ver as novidades do Belén deste ano.

As novidades deste ano son prolíficas en personaxes famosas: Rajoy e Rubalcaba no seu cara a cara nas Eleccións 2011,  A Duquesa de Alba e o seu marido en pleno baile post-nupcial, os xogadores da selección nacional de baloncesto, Bop Esponja e os seus amigos e algunha que outra celebridade e como non o famoso oculto que dá opción, a que o adiviñe, a levarse unha das figuras do nacemento (sen movemento).