O Belén 2011 en Antena 3.

Para ver o video na páxina de A3 pinchar sobre a imaxe.

Añade un Comentario

INAUGURACIÓN DO BELÉN ARTESANAL EN MOVEMENTO

No día de onte, o Alcalde de Valga,  José María Bello Maneiro e o párroco de Campaña, Don Manuel Miguéz inauguraron oficialmente o Belén Artsenal en Movemento do 2011, coa asistencia do Presidente de Portos de Galicia, Don José Juan Durán, así como numerosos veciños que quixeron ser os primeiros en ver as novidades do Belén deste ano.

As novidades deste ano son prolíficas en personaxes famosas: Rajoy e Rubalcaba no seu cara a cara nas Eleccións 2011,  A Duquesa de Alba e o seu marido en pleno baile post-nupcial, os xogadores da selección nacional de baloncesto, Bop Esponja e os seus amigos e algunha que outra celebridade e como non o famoso oculto que dá opción, a que o adiviñe, a levarse unha das figuras do nacemento (sen movemento).

Comentarios (3)

Belen 2010

Comentarios (1)

O BELÉN ARTESANAL DO 2011 COMEZA A COLLER FORMA.

Por renovar este ano ata se renovou a plataforma sobre a que se asenta o Belén

A súa cara é o fiel reflexo do cansancio. Aínda que no pareza o pintar os bonecos da o seu traballo.

As caras dos bonecos son moldeadas a man. Moitos deles representan "personaxes" reais nos que se intentou que o boneco se pareza o máis posible á súa personaxe.

Os traxes son feitos á medida para cada un dos bonecos. Traballo "complicado" polo pequeno tamaño destes.

Engrase dos motores, cadeas e rodamentos dos distintos movementos. Neste casa da estrada do Belén.

Este ano estrearemos un novo ceo, como podedes comprobar xa na foto.

Visita dos reis Magos a Herodes. Este ano foi renovado todo o mecanismo de apertura de portase movemento de Reis, Herodes e soldados.

Añade un Comentario

UNHA VEZ REMATADO A DESMONTAXE DO BELÉN ARTESANAL DO 2010 COMEZAN OS TRABALLOS PARA O BELÉN 2011

 Estado actual do Belén

unha vez desmontado totalmente.

 

Añade un Comentario

COMEZAN OS TRABALLOS DO BELÉN ARTESANAL DO 2011

A pasada fin de semana, 2 e 3 de setembro, procedeuse a desmontar o Belén Artesanal do 2010 e xa se está a traballar nas novidades que presentará o Belén Artesanal do 2011.

Como xa é tradición este inaugurarase o primeiro Domingo de Decembro, polo cal o vindeiro 4 de Decembro estades todos convidados á súa inauguración.

Añade un Comentario

O BELÉN ARTESANAL EN MOVEMENTO PECHA AS SÚAS PORTAS

Onte foi a última xornada para visitar o Belén Artesanal en Movemento deste 2010, a partir de agora xa terá que ser previa cita (no 986 55 94 56) e só para grupos organizados.

El Belén Artesanal en Movimiento de Valga cerró ayer sus puertas al público, que apuró hasta el último día para acudir al local situado en la Rúa Nova de Campaña a contemplar las alrededor de 3.500 figuras que integran el nacimiento. Este fue, sin duda, el año más exitoso para la asociación “Amigos do Belén”, colectivo que cada año demuestra su afán de superación renovando el diseño del Belén, sus construcciones y figuras y añadiendo novedades para que siempre haya sorpresas para los visitantes. En esta edición parece que acertaron con las modificaciones e incorporaciones porque fueron las Navidades en las que más gente acudió a ver el Belén Artesanal. Así lo confirma Mari Carmen Castiñeiras, integrante de “Amigos do Belén” y concejala de Cultura de Valga, que indica que por las instalaciones de Campaña pasó a lo largo del último mes “moita máis xente que o ano pasado”, cuando se habían registrado unas 35.000 visitas. Hasta ayer, último día de apertura en el que normalmente no acudía mucha gente, hubo una gran afluencia de personas.

(Diario de Arousa, 10/01/2011)

Añade un Comentario

ERA A “PANTOJA”

Fállase o premio do concurso “XOGA CONNOSCO”.

Tal e como se recollía nas súas Bases, no día de onte e coincidindo co peche do Belén Artesanal 2010, fallouse o premio do concurso “Xoga Connosco” que consistía en achar ao personaxe público escondido no medio das figuras do Belén.

Como moitos dos que se achegaron a contemplar o Bélén, neste ano a figura en cuestión non era outra que a de ISABEL PANTOJA.

Unha vez realizado o sorteo o gañador foi  SANDRA GIL TARRÍO de Moldes (Cordeiro).

Añade un Comentario

O BELÉN NA TVG

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Añade un Comentario

GRAN ASISTENCIA DE PÚBLICO NA PRIMEIRA XORNADA DO BELÉN ARTESANAL DO 2010

Coincidindo co día festivo da Constitución o Belén Artesanal abriu as portas ao público por primeira vez, despois da inauguración ofical do día anterior. A  asistencia de público foi enorme, desbordando todas as previsións e sobrepasando a última hora os  1.000 visitantes na xornada.

Añade un Comentario